Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Arquivo: Setembro 2009

Vídeo Divertindo aos Maiores

aprendeaescoitar 22/09/2009 @ 10:50

Como xa tiñamos anunciado presentamos unha nova versión do vídeo promocional do proxecto en castelán, xa que se presentou nas Xornadas Interxeracionais que se celebraron en Menorca.

A Asociación Xuvenil Aprende a Escoitar participará nas Xornadas Interxeracionais que se celebrarán en Menorca dende o vindeiro xoves

aprendeaescoitar 15/09/2009 @ 12:03

O presidente da Asociación e coordinador do proxecto Divertindo aos maiores participará como poñente nas Xornadas Interxeracionais que se celebrarán en Menorca os vindeiros días 17, 18 e 19 de setembro organizadas polo Consell Insular de Menorca. Nestas xornadas será o coordinador do proxecto o que explique en que consiste esta actividade. Aproveitará a ocasión para facer público unha nova versión do vídeo publicado sobre a actividade e que se poderá ver nos vindeiros días no blogue da Asociación (http://aprendeaescoitar.nireblog.com/) Dende a Asociación agradecen enormemente a invitación a estas Xornadas, nas que participarán encantados.

 A AX. Aprende a Escoitar participará neste evento tras un ano cheo de actividades, entre as que cabe destacar a 2ª edición do proxecto Divertindo aos maiores no que traballaron cos residente do centro Abrente de Ferrol entre os meses de marzo de xullo. Nesta nova edición realizaron moitas actividades e centráronse sobre todo en mellorar as que xa tiñan feito na 1ª edición. Grazas á colaboración prestada polo persoal do centro e á gran participación dos maiores cos que traballaron, dende a Asociación cualificouse esta nova andaina de moi produtiva.

 Realizaron tamén o I Vídeo-fórum Interxeracional na Fundación Caixa Galicia de Ferrol o pasado 29 de maio coa asistencia e colaboración da Concelleira de Cultura do Concello de Ferrol. Nesta actividade participaron alumnos/as do IES Ricardo Carballo Calero e residentes de Abrente no visionado de varias curtas do documental En el mundo a cada rato e posteriormente realizouse un debate no que participaron ambas partas dando a súa opinión sobre as situación que se viron no documental.

 Finalmente, participaron nunha mesa redonda sobre Experiencias Interxeracionais organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Valencia o pasado 30 de xuño na Facultade de Psicoloxía de Santiago de Compostela.