A verdadeira cara da guerra

As criaturas máis temidas das súas historias abandonan os seus contos para levar a cabo a maior devastación.
A nena busca a súa nai, ten medo, quere tranquilidade, escoitar que non é real, pero mama non está, e xa nunca máis regresará, aínda que tarde ou cedovolven a atoparse.
Se vas a unha guerra, tomas conciencia de que non se trata principalmente dunha cuestión de victoria ou derrota. Trátase da morte, e da provocación da mesma, e sufrimento na maior escala na que te sexa posible. Trátase do absoluto fracaso do espírito humano.
Pero non mostramos iso, porque non queremos mostralo. E neste senso, os periodistas, as crónicas televisivas, as cámaras de televisión, son letais. Porque alíanse cos gobernos para permitirvos ter máis guerras. Porque se mostrasen a verdade, non permitiríades que houbese máis guerras.
Os seus silencios obríganme a falar, e as súas palabras melancólicas son coma pedras que baten na miña fronte. O pobre non ten a culpa da súa eiva terrible, pero a min dóeme no estómago tanta desgraza.
Andrea Carrasco.
Tags: A Guerra
Chúzao |
del.icio.us


