Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Historias

abuelos.bmp

Camiño esquecido que xa non vai a ningures. Un camiño calzado de pedra , inzado de silvas envarilladas e de ortigas arnales, que se perde na boca moura dunha congostra.

Eu sempre preguntaba á miña aboa: ¿Ónde vai dar a verea vella?
E miña avoa respondíame con certo misterio: Non vai dar a ningures, meu meniño.
Aquela verea vella turraba por mín, e cando me fixen home arrisqueime a pasala. E máis alá da medoñenta congostra topéime cunha aldea sen xente.
Casales de boa pedra, lagares que lembran fartura, traves apodrecidas, moreas de tella; todo vai amortaxado con edras, silvas e loureiros, e por riba de aquela vizosa vexetación as follas amarelas e vermellas dunha viña sen froito.
Debaixo dunha Nogueira seca sentéime a debullar sentimentos que aínda hoxe están alí en espera…

Cando volvín a casa escotéi de miña aboa a historia da aldea esquecida.
-Foi que os do lugar, armados ladróns, roubaron o monasterio de Armenteira.

Agardando o intre de reparto da riqueza o capitán enterróuna en sitio segredo; mais ao seguinte día o capitán apareceu morto no seu leito e nunca máis se soupo do tesouro.
Dende aquela todas foron desgraciadas. Morrían as xugadas, merábanse os froitos, morrían entangarañados os rapaces, secábanse as fontes. Para escorrentar e mal fado ergueron cruceiros a eito.
De nada valeu nada. No remate sóupose todo e aínda hoxe o lugar está illado das xentes de ben

“Cousas” (Alfonso R.Castelao)

Sentado no regazo da túa aboa esperabas con impaciencia que che contara esas historias que tanto che gustaban, tiñas 10 anos. Hoxe xa es maior, pero quizáis non tanto como para rexeitar eses contos que cando eras neno alimentaban as túa fantasías. Non rexeites esas historias que queren contarche, porque como ti te ves agora víronse eles, e como os ves a eles te verás ti.


Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>