Non hay dereito
Nunha sociedade cada vez máis multiétnica e pluricultural como a de agora, débese necesariamente camiñar hacia un proceso de integración sociocultural das minorías , desgraciadamente dito proceso atópase nunha balanza que pode desembocar en dúas vertentes, á integración completa ou á segregación social é dicir a exclusión destas minorías. Aquí entra en xogo a aparición dos “modernos” barrios cerrados”.
Comezan as disputas…, a privatización dos lugares públicos, probablemente sitios ós que acodías con frecuencia cos teus amigos, agora cheos desa escoria que tanto vos revolve o estómago. Pero non sodes ben recibidos, votades mil e unha maldición, pero ¿Tedes dereito a protestar?
Esa escoria rexeitada e criticada, foi expulsada dunha sociedade á que agora rexeitan.
¿Aínda por riba que lles damos traballo rouban o noso patrimonio?, Sócrates respondería formulando outra pregunta: ¿E logo lles demos a oportunidade de compartilo sen teren conflictos?
¿Queixámonos de que? ¿É que acaso o sabemos? Nin o sabemos nin queremos sabelo. O racismo é a resposta do home ante o descoñecido, é a clara exposición dos medos dos homes, o saber que nin somos os únicos e non somos os mellares, é o temor á igualdade de dereitos, é a inseguridade de algúns a que combaten tentando sentirse superiores, é a negación de toda a humanidade.
Está claro que non todos somos iguais, pero seguramente non chegaríamos a onde chegamos os uns sen os outros.
Tags: racismo
Chúzao |
del.icio.us


