Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Os mozos e mozas tamén sabemos escoitar

 

logo-aprende-a-escoitar-2.bmp

É primordial evitar que pola exclusión social se perda ou se esqueza o valor dos nosos/as maiores, polo tanto é necesario que a solidaridade entre xeracións aumente.

Fai oito meses un grupo de nove rapaces e rapazas unidos por pertencer ao centro de ensino IES Ricardo Carballo Calero, decidimos presentar un proxecto social a un concurso ofertado pola Caixa.

Como é de supoñer, non foi nada doado elixir o proxecto que levariamos a cabo, xa que tiñamos moitas propostas e nos tiñamos que quedar só con unha.

Isto levou a que tivésemos que analizar detidamente todas as posibilidades e as necesidades reais da sociedade na que vivimos. Ao final, consideramos que a proposta idónea, dados os tempos que corren, era facer unha actividade nunha residencia de maiores, na que puidésemos realizar actividades cun sector da sociedade que se atopa esquecido completamente por esta.

Escollido o proxecto e denominado como Divertindo aos maiores, recadamos toda a información necesaria e presentamos o noso proxecto publicamente.

Tamén, o presentamos ao concurso tal e como o acordáramos, mais non resultou seleccionado, feito que nos animou a continuar traballando.

Chamounos moito a atención, o apoio que obtivemos por parte de todos/as os nosos compañeiros/as, profesores/as, amigos/as e sobre todo polas organizacións e administracións da nosa cidade.

Buscamos un lugar onde poder levar a cabo esta nova andaina e tras unha pésima acollida nalgunha residencia do noso barrio, atopamos a residencia de maiores Abrente, a cal dende o principio animounos para que o proxecto saíra adiante e deunos moitas facilidades para que posteriormente puidésemos realizar con éxito o noso proxecto.

No mes de xaneiro, cando xa tiñamos todo conseguido: o financiamento, os colaboradores e o lugar de realización; comezamos o proxecto.

Na primeira sesión, fixemos unha presentación, na que o noso principal medo era que non lles gustasen as actividade que ofertabamos. Este medo foi eliminado cando nos dixeron que con tal de que foramos á residencia a estar con eles, xa serían felices. Ante estas emotivas palabras, continuamos traballando con moito máis entusiasmo, para que as vindeiras sesións foran do seu agrado.

Sesión tras sesión fomos collendo máis confianza con eles e puidemos realizar todo tipo de actividades: xogamos ás cartas, vimos películas, fixemos debates, traballamos con ordenadores entre outras moitas actividades.

Foi un duro traballo, que finalmente deu o seu froito: divertímonos xuntos aprendendo reciprocamente.

Conseguimos atraer as dez novos compañeiros/as que se solidarizaron coa causa e que nos axudaron a continuar e a ampliar as nosas metas.

Este é un claro exemplo no que as mozas e mozos non só pensamos en nós mesmos, como pensa a maioría da poboación, ás veces miramos para a sociedade que estamos creando e asustámonos, mais sabemos que aportando o noso graíño de area, por moi pouco que sexa, melloraremos algo.

Debo recoñecer que cando comezamos nunca pensamos que ao final rematariamos constituíndo unha Asociación Xuvenil, Aprende a Escoitar, a cal actualmente continúa realizando actividades e intenta mellorar as condicións de vida dos/as que realmente precisan que se lles escoite.

É unha experiencia que paga a pena, na que realmente afrontamos o duro mundo

no que tristemente vivimos, tendo que resolver diversos erros que se nos presentaron. Sen embargo, unidos, sempre soubemos como solucionalos sen perder as ganas de seguir adiante, a esperanza de mellora e sobre todo a ganas de escoitar.

Espero que ao longo dos anos a sociedade madure e poida algún día abrise aos demais sen recibir nada a cambio.

Teño que recoñecer que actualmente síntome realmente satisfeito do noso traballo realizado e sobre todo o pracer inmenso de poder traballar cos meus compañeiros/as e amigos/as, que é o que a min, persoalmente, anímame día tras día a seguir a diante e loitar por unha sociedade de progreso, na que todos e todas esteamos incluídos/as.

Se loitamos polo que realmente desexamos, chegaremos a conseguilo sen dúbida, loitemos por unha sociedade que saiba escoitar.

Tags:
Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>