Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Fala

25n.jpgEla escoitaba o vento soplar, ríndose con malicia baixo o seu aparente disfraz.
Soplaba o vento coma na herba ou na orilla da auga, pero ela calaba e ninguén quería escoitar o seu silencio, un silecio de todo estrelado agás de sorrisos.
Muller que te atopas nun rincón cheo de sombras e sempre vagas polos camiños de noite, e o vento sempre se mofa de ti, un vento pagán de ollos escuros que afunde frotas no mar do teu corazón.
Dous mil anos de noite nese mesmo corazón.
Soa…
Mesturada cun perfume morno e silandeiro,
Acompañada unicamente por un silencio desalentador,
Acorralada por un milleiro de columnas e longuísimas sombras.

El era un ledo namorado, cunha voz suave semellante a aurora da mañá.
Pero un día abríuselle unha fenda no peito.

E esa noite durmía a súa beira o tempestoso vento, e os seus besos semellaban o anhelo de algo xa perdido.
Dende entón xa non foi o ledo namorado, e as augas do mar do seu corazón brotaban como fíos de auga negra, e as finas veas estaban doendo no ceo.
Ese ceo destruído por mor do silencio, no que cando aquela nube escura, aquel resto de chuvia xa sen sombras e sen vento, volverían a brillar as estrelas.

Tende piedade dos pobres parvos, el foi un pouco parvo e ben o sabe.
Xamais souben, e non vou saber, a cantidade de cousas escuras que consentides todos os días.
E agora eu digo, perdoádelle esa parveza e tende piedade de eles, eses pobres parvos que sembran tragedias nos mares dos seus corazóns.


Chúzao | del.icio.us

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>